Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

16/04/18

Quinta xuntanza do grupo “Merlín e familia”


Literatura, libros, librerías son os pilares que nutren a tod@s @s que amamos a lectura. Así mesmo, Penelope Fitzgerald na súa obra, A librería, sublimou a maxia, con tintes traxicómicos, da literatura.



“Cuando arrancó para salir de la estación, ella bajó la cabeza en señal de vergüenza, porque el pueblo en el que había vivido durante casi diez años no había querido tener una librería.”

A nosa conclusión, despois de analizar a obra, foi que as consecuencias da revolución que produce na sociedade unha biblioteca ou unha librería nunca desaparecen.
A seguinte lectura deste curso será Os outros feirantes de A. Cunqueiro. Reunirémonos para comentala o luns, 7 de maio.





Ningún comentario: