Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

09/03/18

8 de marzo, Día Internacional da Muller

Biblioneme conmemora o Día Internacional da Muller coa lectura e análise do álbum ilustrado, Pioneiras, galegas que abriron camiño, de Anair Rodríguez con ilustracións de Nuria Díaz.
Previamente, o Equipo da Biblioteca asistiu, o 7 de marzo, á presentación que a autora fixo desta obra na libraría "Lume" da Coruña.
Anair Rodríguez adicando o exemplar á comunidade lectora do IES Monte Neme.

Á lectura, realizada na biblioteca,  asistiu o alumnado de 1º ESO e o alumnado que cursa a materia de Investigación e Tratamento da Información de 2º ESO. Coñeceron a historia de 12 mulleres, pioneiras galegas no seu eido, que decidiron superar barreiras nunha época moi difícil. Por isto debe mos ser conscientes do que lles debemos e recoñecelo.




Ningún comentario: