Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

03/02/17

Semana da PAZ no IES Monte Neme

Xaneiro, Mes da Paz, constitúe unha data significativa para reivindicar entre outros, valores e dereitos como a liberdade, a tolerancia, o respecto e a educación.

Esta semana conmemoramos a "Semana da Paz" no IES Monte Neme. O Equipo de Biblioneme, en colaboración cos Departamentos de Filosofía e Relixión, analizamos co alumnado de 1º e 2º ESO o documental "Camino a la escuela".


Rematado o visionado comentamos o esforzo, as dificultades e os perigos que deben superar os rapaces de certos lugares do mundo para conseguir unha educación. Ademais, o alumnado valorou as condicións que disfrutan na súa formación académica e persoal.



Por outra banda, cos grupos de 3º e 4º ESO, reivindicamos a PAZ a través do arte. Realizamos unha retrospectiva do colectivo internacional de arquitectos ARCHIS, que desenvolve proxectos de construcción ou recuperación en zonas sometidas a conflictos bélicos ou raciais.

Ningún comentario: