Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

05/05/16

8ª Reunion "Grupo Merlín e familia"

O 2 de maio foi unha xornada moi especial para os membros do “Grupo Merlín e familia”. Recibimos a visita dunha boa amiga do cluBiblioneme e da nosa Biblioteca, Rita Más Ibañez.

Polifacética e con grandes inquedanzas, Rita pode ser considerada unha humanista do noso tempo. Estudiou Artes Gráficas, Publicidade e Marketing, posúe unha importante formación en fotografía e cinematografía e colabora como articulista en diversos xornais.

Na súa faceta máis literaria destaca como analista, ainda que o seu traballo cos libros non se limita a esta actividade ou a súa paixón pola lectura. É unha gran coñecedora do libro, do seu formato, da ilustración. A isto debemos engadir a súa faceta como poeta.

Ofreciunos unha conferencia sobre literatura e cine. Dúas actividades que coñece moi ben, pois exerciu como docente na Escola Galega das Artes da Imaxe e imparte obradoiros e conferencias sobre esta temática.

Despois de ilustranos sobre a relación entre estas dúas artes e o paso dunha obra literaria ao cine, atendiu as numerosas intervención dos membros do grupo.

A conversa foi acompañada por unha exquista merenda.

Moitas grazas Rita!

Esperámoste noutra ocasión para seguir aprendendo contigo.


Ningún comentario: