Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

22/12/14

E por fin chegou o día

O pasado 19 de decembro, os alumnos do club de lectura representaron no Pazo da Cultura de Carballo ante os seus compañeiros o musical "Grease".

A representación foi un éxito rotundo, os asistentes non deixaron de aplaudir, cantar e bailar con esta excelente representación da famosa comedia musical.

Desde o club de lectura queremos felicitar os nosos alumnos do Clubiblioneme e o alumno Alex Torres de 2º de bacharelato  a súa actuación e agradecerlles o bo rato que nos fixeron pasar.


Aquí tedes o programa!

 

 

 

PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES!


 

 

Ningún comentario: