Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

26/11/09

Cando petan na porta pola noite



Xabier P. Docampo.

Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos esquecidos: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamaba a andar e ía borrando as nosas pisadas co risco de perdernos, a brétema que non nos deixa enxergar que seres se ocultan...

O libro divídese en 4 historias:


- O espello do viaxeiro:
Un home volve a súa casa familiar despois de 7 anos (para facerse cargo da herdanza dos seus pais mortos). Perdido, atopa unha ferrería onde o dono é idéntico a él (pero este non ten a pálpebra do ollo esquerdo). Fixerónse amigos, e nunha noite beberon, e acabaron pelexando, o ferreiro doulle no ollo esquerdo: xa eran iguais.
- O fornadas: Tres homes ''ameazados'' por unha vella moi ruín deciden darlle unha paliza e acaban matándoa. Cando foron a queimar o seu corpo nun forno abandonado, a vella dixo que se vingaría do que lle dou co pau na frente.

- A loba: Un home chamado Silvestre levou a moza á Coruña para desfacer o fillo que el axudara a facer. E logo casou con outra. O día da boda, a primeira moza foille dicir que lle debía un fillo. Logo, enforcouse, converténdose na xefa dunha manda de lobos terribles, que os homes non daban matado.

- O cumpremortes: A un home só chegoulle un día unha carta de "felicitación" pois ese día había morrer. Buscando evitar que se cumprise a súa morte, escapou para outra vila ou para a cidade, sen deixar rastro, pero seguíanlle chegando cada ano senllas cartas (cada vez máis curtas).

Juan Manuel Carro Rojo - 1º Bacharelato.

Ningún comentario: