Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

22/12/17

"Imos de voda"

O luns 18 de decembro, no pazo da cultura de Carballo, celebramos o noso tradicional festival donde as/os nosas/os alumnas/os  do club de lectura representaron a obra de teatro "Imos de voda".
A representación foi todo un éxito. Por iso desde o blogue queremos felicitarvos, moitas grazas pola vosa actuación e por facernos pasar tan boa tarde!

21/12/17

Bo Nadal!


O club de lectura deséxavos que pasedes unhas Felices festas e un Feliz 2018.
Vémonos o 8 de xaneiro!

20/12/17

Segunda xuntanza do grupo “Merlín e familia”



El abanico de Lady Windermer foi a obra elixida para iniciar a tertulia correspondente á segunda xuntanza deste curso.
As diversas opinión suscitadas por esta obra confluíron en que mostraba un retrato irónico-humorístico da alta sociedade londinense de finais do século XIX.
Completaron estes comentarios referencias a outra obra de Oscar Wilde, La importancia de llamarse Ernesto, que moitos membros do grupo xa leran.

Reunirémonos o 22 de xaneiro para analizar As almas grises de P. Claudel.


19/12/17

Ledicia Costas

O club de lectura dedica o Nadal á escritora Ledicia Costas. Estes son os libros que durante as vacacións lerán os diferentes grupos e que comentaremos á volta:


  • 1º Grupo: "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta"

  • 2º Grupo: "Unha estrela no vento"

  • 3º Grupo: "Un animal chamado néboa"

03/12/17

VIII Xornadas de BE de Galicia

Membros do Equipo de Biblioneme asistiron ás Xornadas de B E celebradas en Santiago de Compostela os días 1 e 2 de decembro.


24/11/17

Primeira xuntanza do grupo “Merlín e familia”



O grupo “Merlín e familia” iniciou as súas actividades de este curso o pasado 14 de novembro. Nun espazo renovado, lembramos a figura de Carlos Casares e comentamos a súa obra, Ilustrísima. Impresionounos, principalmente, o personaxe do bispo, un home bondadoso, informado, respetuoso e progresista. A cita de Paul Valery, coa que se inicia a novela, resume, á perfección, a súa loita interna. “Vaite, malvado, non podes nada contra o meu corazón.” O 11 de decembro analizaremos a obra teatral, El abanico de Lady Windermere, de Oscar Wilde.



17/11/17

Visita á Biblioteca "Rego da Balsa"

O alumnado que cursa a materia de libre configuración "Investigación e Tratamento da Información", visitou o venres, 17 de novembro, a Biblioteca Municipal "Rego da Balsa" de Carballo.
Foron atendidos por Cristina, integrante do Equipo desta Biblioteca, quen lles impartiu unha interesante charla sobre os recursos da mesma e o sistema de clasificación que empregan. Ademais percorreron as instalacións e fixeron xogos de busca de información.  

13/11/17

Lecturas terroríficas

Dentro das actividades do Samaín que organiza Biblioneme, o alumnado de 1º ESO participou na lectura e análise do conto "O gato negro" de E. A. Poe. Previamente, coñeceron os formatos do álbum ilustrado e da novela gráfica a través dos fondos da Biblioteca do Centro.


11/11/17

Fallo do concurso de cabazas 2017

O venres 10 de novembro fallouse o concurso de cabazas. O xurado tívoo moi difícil, pois o nivel foi moi alto. Agradecemos ao alumnado a súa participación. Sodes GRANDES ARTISTAS!!!
@s gañadores foron: 
  • ALBA PAZOS ÁLVAREZ (1º premio)
  • JOSSELINE A. ZALDAÑA PAZOS (2º premio)
  • BRAIS DOCAMPO GARCÍA (3º premio)
  • BRAIS CASTRO REMUIÑÁN (accésit).

24/10/17

Como cambiamos!!!


Biblioneme inicia o curso nun espazo reformado, adaptado ás necesidades d@s nos@s usuari@s. As aportacións do PLAMBE e a colaboración da Comunidade Educativa do IES Monte Neme fixeron posible este proxecto.
Queremos unha biblioteca viva, que conte cos recursos necesarios e motive a curiosidade. En definitiva, un vínculo co que aprender a pensar.



16/10/17

Samaín

Este mes no club de lectura estamos a ler esta edición de relatos de Edgar Allan Poe que grazas ás ilustracións de Benjamin Lacombe, mergullarannos nun mundo escuro, terrible, pero á vez hipnotizador.


Estades preparados para estas lecturas terroríficas?


09/10/17

Inicio de actividades

Hoxe inauguramos o club de lectura do curso 17/18. Como en anos anteriores, os nosos alumnos participarán no concurso escolar de Teatro Lido que se celebrará este mes en Carballo. Os nosos alumnos xa o están empezando a preparar...





15/09/17

Aquí estamos!

Ola de novo!

Despois dun merecido descanso para tod@s, o club de lectura xa esta traballando nas novas actividades que realizaremos durante este curso académico 17/18. 


Nos próximos días iremos polas clases para informarvos de como participar no club de lectura.

Anímate a participar!

20/06/17

Felices Vacacións!

Hoxe finalizamos o club de lectura por este curso. Repasamos todas as actividades que estivemos a realizar ao longo do curso e cubrimos a enquisa online. 
Tamén comentamos a guía de lectura de verán realizada polo equipo da bibioteca.
Felices vacacións!

15/06/17

Oitava xuntanza do grupo “Merlín e familia”

“Detrás de cualquier éxito profesional hay siempre una persona que no se ve, pero sin cuya dedicación sería imposible desarrollar a fondo una labor creativa”
Szabo, M.- La puerta

O pasado 12 de xuño o grupo “Merlín e familia” celebrou a última xuntanza deste curso.  Analizamos La puerta, novela da autora húngara Magda Szabo.


O concepto da amizade por riba das barreras sociais, a dependencia, a dominación, etc, e unha porta cuxa apertura pon o auténtico final a esta obra.
A boa acollida desta lectura fixo que outras obras desta autora despertasen o noso interese:
La balada de Iza
Calle Katalin

A lectura proposta para o verán será Ilustrísima de Carlos Casares, Letras Galegas 2017.



Bo Verán e ata o vindeiro curso!

12/06/17

Portugués


Este luns, o alumnado do club de lectura, gozou da lectura do libro ilustrado Achimpa da ilustradora portuguesa Catarina Sobral.

Ana Gravata, profesora de portugués da UDC, acompañounos este día e leunos o libro en portugués. Tamén aproveitamos para preguntarlle cuestións da lingua portuguesa, tan próxima á nosa lingua.



Grazas por acompañarnos Ana!

28/04/17

Día Internacional da Danza

Actividade extraescolar

O día 27 de abril o clubiblioneme realizou unha excursión á A Coruña para visitar o Arquivo Histórico de Galicia e a exposición de Urbano Lugris, realizando a actividade "Restaurando a Lugrís". Foron unhas actividades moi interesantes.








25/04/17

Séptima xuntanza do grupo “Merlín e familia”



“Eu son os libros que lin”
Agustín Fernández Paz

Dentro das actividades para homenaxear ao escritor, Agustín Fernández Paz, os membros do grupo “Merlín e familia” comentaron, o pasado 24 de abril,  a novela Non hai noite tan longa.

Destacamos como o autor consegue manter o inerese do lector. Ademais, sorprendiunos unha temática que mixtura a vinganza e a esperanza, a xustiza e un futuro que libera das pantasmas do pasado.


Na vindeira xuntanza, o 12 de xuño, analizaremos La puerta, novela da autora húngara Magda Szabo.


Boa lectura!

23/04/17

Día do Libro

Dentro das actividades do "Día do Libro", Biblioneme, en colaboración coa Biblioteca Municipal "Rego da Balsa", organizou unha charla para informar ao alumnado de 3º e 4º ESO dos "Recursos da biblioteca dixital". Esta charla foi impartida por Cristina, membro do equipo de dita biblioteca.
O título da actividade foi "Biblioteca dixital: as novas tecnoloxías aplicadas á biblioteca actual" e enmárcase dentro dos obxectivos do noso proxecto: "Biblioneme: cultura impresa e cultura dixital".
O noso agradecemento á Biblioteca "Rego da Balsa" pola súa colaboración.

05/04/17

Homenaxeando a Agustín Fernández Paz

No clubiblioneme adicamos unha xornada á lectura do libro ilustrado "A dama da luz" de Agustín Fernández Paz.



30/03/17

"Compartindo lecturas con María Martínez"

No clubiblioneme recibimos a visita da nosa compañeira María Martínez Varela que nos comentou a súa traxectoria lectora e as súas inquedanzas no terreo da literatura.

Grazas por compartir este tempo connosco.


28/03/17

Sexta xuntanza do grupo “Merlín e familia”

Reencontro coa obra de Irène Némirovsky

Irène Némirovsky é unha autora de referencia para os membros do CluBiblioneme.

Os comentarios sobre a súa obra Los bienes de este mundo centraron a xuntanza do 13 de marzo:
os cambios experimentados pola clase media europea nas primeiras décadas do século XX, os conflictos armados, a dimensión humana dos personaxes,…son algúns dos aspectos que destacaron @s participantes.

“Providencia, pero sé bien lo que la providencia, en su divina sabiduría, entiende por felicidad. Preocupaciones, angustias, dificultades … los bienes de este mundo Marthe …”
                                                                         Los bienes de este mundo

A novela de Agustín Fernández Paz,  Non hai noite tan longa, será a lectura que analizaremos o vindeiro 24 de abril.



¡Boa lectura!

06/03/17

Quinta xuntanza do grupo “Merlín e familia”

Cabalos e lobos foi a lectura elexida polo grupo “Merlín e familia” para tratar nesta reunión. 

“Non sei o que pretendía, pero algo si logrou: confirmar a nosa existencia e, de paso, desmentir a nosa inmortalidade. (…)” 

A obra de Fran P. Alonso deu lugar a moitos comentarios: a importancia da cidade de Vigo na II Guerra Mundial, unha trama familiar con moitos conflictos abertos,….

O noso grupo segue crecendo. Mercedes Anido Ferreiro incorpórase ao CluBiblioneme. 

O vindeiro 13 de marzo analizaremos Los bienes de este mundo, obra de Irène Némirovsky.



Reforma da Biblioteca



28/02/17

“Unha homenaxe á muller a través da arte poética”

Os integrantes do grupo “O Monte dos libros” están realizando unha actividade na que homenaxearán á muller e á poesía.

Coñecerán a tres poetas das literaturas castelá, francesa, galega, inglesa e portuguesa, e algún dos seus poemas máis representativos.






24/02/17

Día de Rosalía 2017

Biblioneme, en colaboración coa Biblioteca Municipal "Rego da Balsa", rinde, no Día de Rosalía, unha homenaxe a esta autora. O alumnado do IES Monte Neme ofreceu un recital poético e dramatizou os momentos máis importantes da vida de Rosalía de Castro.

05/02/17

Voluntariado na Biblioteca Escolar

O alumnado participante na iniciativa "Voluntariado na Biblioteca Escolar", dentro do programa "Bibliotecas Escolares Solidarias", asina o acordo de colaboración e inician as actividades de colaboración con Biblioneme.
@s nos@s voluntari@s son:
  • Inés Abelenda Cambón
  • Martín Caamaño Rodríguez
  • Manuel Esmorís Seoane
  • Irene García García
  • Claudia Lamas Periscal
  • Adriana Lista Pena
  • Amanda Ramilo Amor
  • Leticia Santos González
  • Tania Suárez Vázquez
  • Ana Viaño Vázquez