Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

18/10/16

Teatro

Iniciamos este primeiro trimestre coa actividade de teatro pero antes de saber as obras que realizaremos e os papeis que teremos hai que romper o medo á posta en escena.
A próxima semana coñeceredes os vosos papeis.


Teatro Lido

Os grupos do IES Monte Neme participantes no XVI Concurso de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís", gravaron nos estudos de Radio Voz  Bergantiños.
A emisión destas actuacións será, na sintonía de "Radio Voz" nas seguintes datas:
  • Grupo Monteneme 1: martes 25 de outubro, ás 11:45 horas.
  • Grupo Monteneme 2: mércores 26 de outubro, ás 11:45 horas.

14/10/16

Grupo "Merlín e familia"

Iníciase un novo curso no Grupo “Merlín e Familia” do CluBiblioneme. Moitas novidades nos agardan. Entre elas destacamos a incorporación de novos membros e o regreso doutros.

Na primeira xuntanza, celebrada o 10 de outubro, fixemos unha presentación das actividades e comentamos as lecturas do verán. En este apartado, centrámonos na proposta do grupo para este período, a novela de Domingo Villar, A praia dos afogados.



Logo dun análise da mesma, disfrutamos dunha merenda-tertulia literaria.

A vindeira reunión será o luns, 14 de novembro, ás 18:45 horas. Compartiremos opinión sobra a obra do dramaturgo norteamericano, A. Miller, Morte dun viaxante.





Os membros do Grupo “Merlín e familia” son os seguintes:

  • Carballido Novo, Marga.
  • Cerviño Freijeiro, Ana Belén.
  • González LLorca, Carmen.
  • Lema Álvarez, Mª Cruz.
  • López Pérez, Mª Catalina.
  • Míguez Beníte, Loli.
  • Noya Otero, Mª del Carmen.
  • Pombo Pose, Mª José.
  • Potente Valcarce, Sandra.
  • Reino Rodríguez, Mª Gema.
  • Rivera Crespo, Francisco.
  • Rodríguez Añon, Mª Consuelo.
  • Seguín Garrido, Conchy.
  • Serrano Cela, Mª del Pilar (Mediadora)


10/10/16

Aquí estamos!

De novo aquí estamos para iniciar por terceiro ano consecutivo as nosas actividades no clubiblioneme.
Tedes ganas de empezar? Espero que si porque este ano traemos moitas moitas actividades diferentes ,iso sí, sempre ao redor dun libro ;)
Comezaremos o primeiro trimestre co teatro que ten moita aceptación polo noso alumnado e posteriormente iremos facendo outras actividades como taller de Haikus, do cine ao libro e viceversa, lectura de relatos cortos en galego, excursións literarias, álbum ilustrado....
Pero non perdamos máis tiempo.....comenzamos!



07/10/16

Teatro lido.

E iniciamos a nosa singladura artística. Como vimos facendo nos últimos cursos, Participaremos  no XVI Concurso Escolar Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís”, organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo, coa colaboración do Grupo Voz.
O alumnado participante xa está ensaiando os textos teatrais cos que nos representarán.

06/10/16

Roteiro dos "Muíños de Pan"

Ademais,  colaboramos  no “Roteiro dos Muiños de Pan”. O alumnado de 1º e 2º ESO realizou o  percorrido visitando o Muiño da Cheda e o Muiño do Quinto”. Biblioneme aportou os fondos documentais para o desenvolvemento desta actividade.

Formación de usuarios.

O mércores, 5 de outubro, Biblioneme iniciou un novo curso.
Comezamos coa “Formación de usuarios”, actividade destinada ao 
alumnado e profesorado de nova  incorporación.

05/10/16

Inicio de actividades

O día 10 de outubro comezamos as actividades no clubiblioeneme. Ás 15.15 iniciaremos a actividade co grupo "O monte dos libros" e ás 18.45 co grupo "Merlín e Familia" .


No grupo de adultos comentaremos a obra do escritor galego  Domingo Villar, A Praia dos afogados.



Iniciamos un novo curso en Biblioneme

Para este curso as bibliotecas escolares dos centros educativos galegos escolleron o lema “Biblioteca Escolar – Territorio das Artes”. Biblioneme participa nesta iniciativa convidando á comunidade educativa do IES Monte Neme a descubrir que todas as artes forman parte da nosa biblioteca.

02/10/16

Teatro Lido

Outro ano máis  algúns dos nosos membros do Clubiblioneme participaran no Teatro Lido.