Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

25/02/16

Celebración do Día de Rosalía

Biblioneme celebra o Día de Rosalía participando nos actos organizados pola Biblioteca "Rego da Balsa" de Carballo. Oitenta alumnos/as do noso centro trasladáronse ao auditorio desta entidade e escoitaron a varios dos seus compañeiros/as recitar poemas de Rosalía de Castro das súas obras Cantares Gallegos e Follas Novas. Ademais, o alumnado percorreu as instalacións da Biblioteca e visionou un documental sobre a oferta de actividades que se desenvolven nela.
Moitas grazas pola invitación.



24/02/16

5ª Reunión do Grupo "Merlín e familia"


"Comenteille a Minguiño:
Cambiemos de tema porque lle vou a contar esa historia a el; vaina atopar bonita. E non se lle deben  sacar as ilusións a un neno.”

Ese é un dos moitos fragmentos que definen a obra A miña planta de Laranxa Lima, que foi motivo  de análise na 5ª xuntanza do Grupo “Merlín e familia” que se celebrou o 23 de febreiro.

A obra provocou diversas reaccións que fluctuaron desde a ternura polo protagonista ata a tristura  polas situacións que ten que vivir. Finalmente, chegamos á conclusión de que a imaxinación crea  mundos maravillosos na realidade máis hostil.

A próxima reunión será o 14 de marzo, ás 18.45 horas. Comentaremos a obra de Bernhard Schilink El Lector









22/02/16

Analizamos a publicidade

No longo camiño cara á igualdade entre homes e mulleres, aínda quedan moitos logros que conseguir. Un deles é erradicar a publicidade con contidos sexistas e machistas. Estes anuncios discriminan abertamente á muller, reforzan unha desigual división dos roles sociais de homes e mulleres e presentan unha imaxe da muller nunha posición subordinada con respecto ao home.

A publicidade debería, pola contra, fomentar unha imaxe igualitaria das mulleres que contribúa a reforzar o dereito á igualdade establecido na Constitución e que reflicta o auténtico avance na participación das mulleres na sociedade.

Os nosos alumnos analizaron algúns destes anuncios publicitarios e trataron de descubrir o seu posible contido sexista ou discriminatorio cara á muller

19/02/16

Imos de excursión!

O día 19 o club de lectura saíu de excursión dirección Santiago.

Primeiro acudimos ao auditorio e vimos unha exposicion titulada "Salto de páxina" alí explicáronnos o que é a bibliofilia contemporánea, o libro obxecto, libro do artista, foto libro...e para finalizar tamén fixemos o noso propio libro.




Despois fomos camiñando a sede Afundación e alí esperábanos a exposición "Dalí contador de historias" onde vimos os fantásticos gravados de Salvador Dalí que recrean aos grandes clásicos literarios internacionais como Pantagruel ou O Quixote.





Gozamos moito da visita!

15/02/16

Píramo e Tisbe

Para celebrar o día de San Valentín leimos a fábula de Píramo e Tisbe extraida da Metamorfosis de Ovidio. Conta a historia de dous amantes da mitoloxía grega e romana.

Posterior á súa lectura fixemos un pequeno debate analizando as diferenzas existentes entre as relacións amorosas de agora coas de antes.


Biblioneme énchese de sentimento


12/02/16

Presentación da primeira obra poética de ÁLVARO ANTELO.

O xoves 11 de febreiro Álvaro Antelo, ex alumno do noso centro, presentou a súa primeira obra poética, Entremeses.  Un conxunto de poemas que nos dirixen, como indica o autor, "ao descubrimento do descoñecido, do prohibido, do imaxinario, do erótico".
 

¡¡¡Noraboa  Álvaro!!! E gracias pola túa fermosa dedicatoria.

05/02/16

Entroido!

Un grupo de alumnos do noso club de lectura  trasladáronse ao afastado oeste e disfrazados para a ocasión, representaron unha obra de teatro. A obra estivo xenial. Parabéns mozos!

Ademais, algúns dos alumnos do club participaron no concurso de comparsas do noso Centro.