Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

22/04/16

Día do Libro 2016. IV Centenario da morte de Cervantes.

Biblioneme conmemora o IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes, autor de Don Quijote de la Mancha. O noso propósito será “Quijotizarnos”, acercarnos a este texto de relevancia universal e, especialmente, aos seus protagonistas, cuxo pensamento sempre está de actualidade. Cubriremos o corredor principal do Centro con fragmentos desta novela, invitaremos a descubrila e compartiremos todas as lecturas e interpretacións que podamos realizar da mesma.


05/04/16

XORNALISMO NA ESCOLA



7ª Reunión do Grupo "Merlin e Familia"

“É o comezo dunha primaveira moi fermosa”

A neta do señor Linh

O comentario da obra de P.Claudel, A neta do señor Linh, foi o eixo principal da 7ª reunión do Grupo “Merlín e familia” celebrada o 4 de abril.

O exilio, a soidade, os traumas das guerras, etc... Determinaron as reflexións do Grupo.

A vindeira reunión será o 2 de maio. Esta terá carácter extraordinario, xa que recibiremos unha charla sobre literatura e cine.


A lectura proposta para a reunión do 6 de xuño e Purga de Sofi Oksanen.