Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

28/04/15

"Unha imaxe, mil palabras"

 
Manuel Andrade Carbllido (2º ESO A) ofrece a súa persoal interpretación
 
 do libro de Steinback, De ratos e homes. Moitas grazas.

Un libro entre mans. Coñecer o deseño editorial

O luns, 27 de abril, tivemos unha convidada moi especial no CluBiblioneme Rita Más Ybañez.

 
A través da charla aprendimos moitos aspectos interesantes relacionados co libro: historia do libro, a imprenta, as partes do libro, as letras, deseño, ilustración, papeis…
 

Fixémoslle moitas preguntas



 
Os membros do Club agradécenlle a súa visita e recorda...... esperámoste o vindeiro curso!

21/04/15

Mostrámosvos os nosos cubosomas

O pasado 20 de abril rematamos a actividade do Cubosoma proposta pola nosa profesora de Tecnoloxía Ana Espinosa. Durante estas sesións, explicounos como crear un cubosoma, axudounos a facelo, a pintalo para mostrar a nosa creatividade e como non axudounos a montalo….temos moitas maneiras de facelo…é superdivertido!
Todos os membros do CluBiblioneme lle agradecen a Ana a súa dedicación e paciencia durante estes días que nos acompañou.
Moitas gracias Ana…..esperámoste pronto!



15/04/15

Excursión cos membros do CluBiblioneme

O martes, 14 de abril, os membros do Club de lectura, CluBiblioneme, fixeron unha saída á Cidade da Coruña.

Visitaron, en primeiro lugar, o Arquivo do Reino de Galicia, onde recibiron información sobre o traballo alí desenvolto, os fondos documentais conservados etc… Ademáis, puideron ter acceso a documentos relacionados con Carballo. Finalmente, pasaron a Sala de Restauración Documental, onde comprobaron como se restauran e recuperan documentos antigos.
A segunda visita centrouse na Biblioteca Pública Miguel González Garcés. Coñeceron os diferentes espazos do edificio e a bibliotecaria fixo unha presentación sobre a páxina Web e os recursos desta Biblioteca.
Pola tarde percorreron o casco antigo da cidade e visitaron a Real Academia Galega. Alí informáronse da historia desta institución, así como, a relación dos seus membros e o traballo que nela se realiza.
 
 O Arquivo do Reino de Galicia
 
Biblioteca Pública Miguel González Garcés
 
 
 
Real Academia Galega
 

13/04/15

6ª Reunión do Grupo “Merlín e Familia”

O 13 de abril reuniuse o grupo “Merlín e Familia” do CluBiblioneme. Comentamos a obra de F-X.Fernández Noval, O bosque das antas e


 
Compartimos unha “suculenta merenda”
Aquí estamos algúns dos integrantes do grupo.
 
 


Outras obras de este autor que recomendamos son : Tempo de crepúsculo, Sombras no labirinto,Sete noites e un amancer, Unha cita co aire, Para seguir bailando e A noite branca.

“Non é un libro que deixe indifirente, pola realidade tan crúa que retrata e por un final no que hai demasiada desesperanza. Considero que é moi realista ao recoller a anestesia na que caeu a sociedade española de posguerra”

Catalina López Pérez. Membro do grupo “Merlín e familia”

A vindeira reunión será o 11 de maio, ás 18.45 horas, na biblioteca do Centro. A lectura proposta é Maldito Karmade David Safier.