Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

27/02/15

Outra maneira de ler


O luns 23 de febreiro recibimos a visita de Juan Buño que nos achegou ao club de lectura o sistema de lectura e escritura Braille. Este sistema emprega unha serie de puntos en relevo que se interpretan como letras do alfabeto. Así, os invidentes poden acceder vía tacto, o que os seus ollos lle negan.
Juan ensínounos todos os materias que utilizan, libros, contos infantís, máquinas de escribir braille, aplicacións para o móvil…e entrogounos un alfabeto en braille.
 
Todos os membros do club gozamos moito con esta actividade.

23/02/15

Club de lectura de adultos


A reunión do Club de lectura de adultos trasládase ao día 2 de marzo ás 18.45 horas.

Recordade que na devandita reunión a lectura programada é Sueños olvidados y otros relatos de S. Zweig

Outra maneira de ler



14/02/15

Mensaxes con sentimento


O alumnado do club de lectura traballou para deixar constancia nos post it das súas mensaxes con sentimento. Deste xeito, celebramos desde o club de lectura o noso San Valentín.

Aquí deixámosvos unhas fotos da actividade e do fantástico resultado final!