Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

22/03/15

Vivir, coñecer, informar e entreter:Biblioneme

 
Unha nova estación, medra a vida, medran os libros e as historias nunha biblioteca chea de posibilidades e imaxinación.
Acompáñanos nesta viaxe por todo o que ofrece a vida.

16/03/15

Recibimos á profesora Ana Espinosa!

Ana tróuxonos unha gran sorpresa que ninguén esperaba. Sorprendeunos co gran reto de elaborar un CUBO SOMA…Ninguén sabía que era o cubo soma, pero Ana explicouno moi ben. O cubo soma é un crebacabezas en 3D composto por 27 pequenos dados iguais de madeira e que foi inventado polo científico danés Piet Hein. Con estes 27 cubos fabrícanse 7 elementos  cos que se vai a compoñer o cubo soma
.

 

Nesta primeira sesión recibimos as primeiras instrucións e ca axuda da profesora empezamos a unir eses pequenos dados…..está sendo moi divertido…

Seguirémosvos contandos

13/03/15

Invitamos ao CluBlioneme á profesora Ana Espinosa

Os membros do CluBiblioneme entregaron a invitación para asistir ao CluBiblioneme á profesora Ana Espinosa. Estamos impacientes por compartir un anaco contigo e que nos permitas coñocerte un pouquiño máis.
Por este motivo, o vindeiro luns 16 de marzo esperámoste na biblioteca do noso Centro  para que nos fales do teu libro preferido ou nos soprendas con algunha actividade “tecnolóxica”, seguramente podes aportarnos moitas cousas.
 
ESPERÁMOSTE ANA! 

09/03/15

Día da muller traballadora

O domingo 8 de marzo celebrouse o día da muller traballadora, por este motivo, os alumnos do club de lectura estiveron coñecendo a través dun power point a historia deste día e analizando a situación actual.
O debate que tivemos a continuación foi moi interesante e divertido polas opinións dos nosos alumnos.




05/03/15

5ª Xuntanza do Club de lectura de adultos

O grupo de adultos do CluBiblioneme iniciou a súa 5ª xuntanza reflexionando sobre a obra de S Zweig, Sueños olvidados y otros relatos.



“En su mundo superior de los libros no había Guerra, ni malos entendidos, sino el eterno saber y desear saber más de números y palabras de títulos y nombres.
Mendel el de los libros.

A continuación e despois de valorar diferentes propostas, realizamos a valoración para elexir o nome deste grupo. Finalmente, optamos por “Merlín e familia”, en homenaxe ao insigne autor galego, Celso Emilio Ferreiro.

A seguinte reunión deste grupo será o 13 de abril, ás 18:45 horas, tendo como lectura programada a obra de Fernández Nadal, O bosque das antas.
 
 

03/03/15

Nome do Club de lectura

Fou unha ardua tarefa, debater, discutir, elixir, votar….pero por fin os alumnos do club de lectura xa teñen o seu nome…..

Cal é?
O monte dos libros