Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

24/12/15

Bo nadal!

Desde o club de lectura desexámosvos un Bo nadal.
Vémonos pronto no noso club de lectura.




"Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro"
Emily Dickinson

20/12/15

Un paseo pola historia

Os nosos alumnos demostraron que son uns profesionais e o día 18 no Pazo da Cultura de Carballo representaron a obra “Un paseo pola historia”.
Eles gozaron moito e fixéronnolo pasar moi ben.
As nosas felicitacións mozos!


15/12/15

3ª Reunión Grupo "Merlín e Familia"

O 14 de decembro o Grupo "Melín e familia" reuniuse para comentar a obra de A. Christie, Dez negriños.



Con esta obra, fundamental na literatura detectivesca, conmemoramos o 125 aniversario do nacemento da autora.

A vindeira xuntanza será o 18 de xaneiro, ás 18:45 horas, e a lectura seleccionada polo grupo é O club da calceta de María Reimóndez. 


Día dos dereitos humanos

Con motivo do día dos Dereitos Humanos decidimos observar o libro ilustrado, A Historia de Erika que narra a historia dunha sobrevivente do Holocausto que rememora o tráxico destino do que se librou cando tiña tan só uns meses de vida. É un libro que nos emocionou a todos profes e alumnos.





06/12/15

2ª reunión do grupo “Merlín e familia”

Entre as actividades desenvolvidas durante o primeiro trimestre do curso, Clubiblioneme centra o seu labor de dinamización no teatro. Así, o Grupo “Merlín e familia” adicoulle a xuntanza do 23 de novembro a un excelente autor teatral, H. Ibsen, e a súa obra, Casa de bonecas. A súa temática rupturista, a evolución dos persoaxes, o papel da muller ou o reflexo da sociedade da época foron algúns dos aspectos comentados.




A lectura desta obra, ademais de resultar unha experiencia interesante e gratificante, iniciou un camiño que nos levará a coñecer outras obras deste xénero.

Nora.- (…) Creo ante todo que son un ser humano, igual ca ti…ou, polo menos o debo intentar (…)
(Acto terceiro.- Casa de bonecas)

Os membros do grupo quedaron emplazados para  a seguinte xuntanza,  o luns 14 de decembro. Nesta reunión analizaremos a obra A.Christie Dez negriños.




04/12/15

Dickens e BiBlioneme: un Nadal solidario

Nestas datas tan especiais, nas que a solidariedade ten que ser o mellor agasallo, Biblioneme recorda ao escritor que mellor soubo transmitir a esencia do Nadal: Charles Dickens.
 

17/11/15

Tres pasos polo misterio

Este trimestre para celebrar o día de Samaín escollemos o libro de Agustín Fernández Paz, Tres pasos polo misterio. Por grupos, repartimos os tres relatos de misterio e posteriormente fixemos unha posta en común para comentar os relatos. 



Canto misterio!

04/11/15

Grupo "Merlín e familia"

Iniciamos o curso para o Grupo “Merlín e familia” do Clubiblioneme.
Na reunión celebrada o 26 de outubro, comentamos as lecturas que nos acompañaron e deleitaron o pasado verán. Así mesmo, analizamos a obra proposta para este primeira xuntanza do curso, Seda de A. Baricco.



Ademais, o grupo propuxo que a seguinte lectura fose Casa de bonecas de H. Ibsen, da que falaremos na xuntanza que se realizará o 23 de novembro.


Os integrantes deste Grupo son:

  • Ramón Fraga Rodríguez
  • Carmen G. LLorca
  • Mª Cruz Lema Alvarez
  • Catalina López Pérez
  • Loly Míguez Benítez
  • Mª Carmen Noya Otero
  • Mª José Pombo Pose
  • Sandra Potente Valcarce
  • Gema Reino Rodríguez
  • Francisco Rivera Crespo
  • Consuelo Rodríguez Añón
  • Pilar Serrano Cela

28/10/15

Teatro Lido

Outro ano máis os nosos alumnos participan no XV concurso escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís”.

O horario de emisión das gravacións en radio Voz (Bergantiños 99.8 FM) do noso alumnado é:

  • NON ME DES JATO POR LEBRE. MARTES 31/10/2015 DE 10 A 11 HORAS.
  • NOS TAMÉN IMOS. MÉRCORES 4/11/2015 DE 10 A 11 HORAS.
  •  POR QUE SI. XOVES 5/11/2015 DE 10 A 11 HORAS.
  •  A PROFECÍA. VENRES 6/11/2015 DE 10 A 11 HORAS.


Aquí deixámosvos unhas fotos desta experiencia…





22/10/15

Teatro

Debido á gran acollida que a actividade de teatro tivo o curso pasado, este ano, volveremos a realizar esta actividade cos nosos alumnos durante o primeiro trimestre.
Este luns tivemos o reparto de papeis e a entrega de guións…..agora a traballar mozos/as!
Deixámosvos fotos das primeiras impresións.





28/09/15

Inauguración do Clubiblioneme

O luns 28 de setembro inauguramos o club de lectura. Para comenzar repasamos as actividades do club que realizamos o curso pasado e as profesoras sorprendéronnos cunhas tartas que estaban riquísimas.
Aquí deixámosvos unhas fotos do ben que nolo pasamos na nosa primeira sesión do club.



 
E recordade esperámosvos o próximo luns 5 de outubro ás 15:15 para comenzar a nosa primeira actividade….cal será?

21/09/15

Aquí estamos!


Outro ano máis comenzamos o noso club de lectura. Invitámosvos á inauguración deste novo curso o vindeiro luns 28 de setembro ás 15:30  horas na Biblioteca do centro.
 
Esperámosvos con moitas novidades e recorda todas as nosas andanzas podes seguilas no noso blog!

25/06/15

Felices vacacións!

Desde o club de lectura desexámosvos que pasedes unhas felices vacacións......rodeados de libros!

 
 

23/06/15

8ª Reunión do Grupo "Merlin e familia"

Os membros do Grupo “Merlín e familia” reunímonos, por última vez este curso, o pasado 15 de xuño.
 
Comentamos a obra de Alfredo Conde, Chovida do ceo.As intervencións dos asistentes levan a valorar a obra e a coñecer outros aspectos da traxectoria literaria deste autor.
 
Seguidamente, fixemos unha enquisa sobre o labor realizado polo grupo ao longo deste curso. As opinión foron moi positivas: experiencia persoal e grupal, lecturas propostas e aprendizaxe. Todos manifestamos o noso desexo de continuar o vindeiro curso. Así, propuxemos que a primeira reunión fose en Outubro. Nesta sesión comentaremos a obra de A. Baricco, Seda.
 

Como en todas as xuntanzas, acompañamos os nosos comentarios cunha merenda moi apetitosa. En esta ocasión, María Rodríguez Añón elaborou unha tarta “moi literaria”, que degustamos moi agradecidos.
 
Os membros do Grupo “Merlín e familia” descubrennos e recoméndannos lecturas que foron importantes nun verán da súa vida.
·         J. Ramón Fraga.- Philip Kerr.- Praga mortal.
·         Carmen González LLorca.- Luis Landero.- El balcón de invierno.
·         Mª Cruz Lema Álvarez.- A. Baricco.- Seda.
·         Catalina López Pérez.- Julio Llamazares.- La lluvia amarilla.
·         Loly Míguez Benítez.- Julia Navarro.- Dime quien soy.
·         Mª Carmen Noya Otero.- P. Süskind.- El perfume.
·         Mª José Pombo Pose.- J. Aldecoa.- Historia de una maestra.
·         Sandra Potente Valcarce.- Julia Navarro.- Dispara yo ya estoy muerto.
·         Gema Reino Rodríguez.- J. Moro.- El sari rojo.
·         Francisco Rivera Crespo.- José Mauro de Vasconcelos.- Mi planta de naranja lima.
·         Maria Consuelo Rodríguez Añón.- E Tusquets.- Confesiones de una vieja dama digna.
·         Conchy Seguín Garrido.- Irvin D. Yalom.- El día que Nietzche lloró.
·         Pilar Serrano Cela.- Françoise Sagan.- Buenos días, tristeza.

 

 

16/06/15

Algúns dos libros preferidos dos nosos membros de "O monte dos libros"


Algúns dos libros preferidos dos membros do noso club foron os seguintes:

·         Matilda

·         Memorias dun neno labrego

·         O principiño

·         O hobbit

·         Diario de Greg

·         La ratonera

·         Bajo la misma estrella…

08/06/15

Despedimos o club ata o curso seguinte!

O día 8 de xuño despedimos o club xa que o día 15 a maioría dos alumnos estarán de excursión.
Na despedida fixemos un repaso de todas as actividades realizadas e fixemos unha enquisa para valorar a actividade do club de lectura.
Tivemos unha gran festa de despedida con biscoito, caramelos, lambetadas…




Esperámosvos o curso que vén!
 
 
 

Guía de Lectura. Verán 2015

01/06/15

Construímos una historia a partir dunha imaxe

 
A partir do cadro de Klimt, G.- El beso, construímos unha historia. Observamos o cadro e redactamos a historia que nos suxire. Como puidemos comprobar despois, cada historia era diferente.

19/05/15

Construímos imaxes a partir de historias

Nesta ocasión os membros do CluBiblioneme estivamos a ler dous contos:

·       Anónimo.- O corcovado e outros contos de “As mil e unha noites”
        Versión  Brian Alderson,  colección Cucaña, editorial Vicens Vives
        Conto: “O home arruinado e o seu soño”


·        Poe, E. A.- O gato negro e outros contos de horror
         Aula das Letras, editorial Vicens Vives
         Conto: “ O corazón delator”                      

Primeiro lemos o conto individualmente, despois comentámolo no grupo e finalmente....

 
plasmamos a nosa visión do conto cun debuxo..
 
 

 
Recordade os debuxos máis orixinais terán o seu premio o próximo día…..

Biblioneme convoca o I Concurso de Fotografía "Unha imaxe, todas as palabras"




12/05/15

7ª Reunión do Grupo "Merlín e familia"

A 7ª reunión do Grupo “Merlín e familia” celebrouse o 11 de maio. Opinamos sobre a novela de David Safier, Maldito Karma, chegando á conclusión de estar ante una novela sinxela, entretida, disparatada e divertida.

 
Ademáis, fixemos comentarios sobre outras obras deste autor: Jesús me quiere (2008), Yo, mi, me…contigo(2010), Una familia feliz (2011), ¡Muuuu! (2012) e destacamos o cambio na súa traxectoria novelística, a partir da publicación de 28 días(2014)

A seguinte reunión será o 8 de xuño, ás 18:45 horas, trataremos a obra de Alfredo Conde, Chovida do ceo.
 

28/04/15

"Unha imaxe, mil palabras"

 
Manuel Andrade Carbllido (2º ESO A) ofrece a súa persoal interpretación
 
 do libro de Steinback, De ratos e homes. Moitas grazas.

Un libro entre mans. Coñecer o deseño editorial

O luns, 27 de abril, tivemos unha convidada moi especial no CluBiblioneme Rita Más Ybañez.

 
A través da charla aprendimos moitos aspectos interesantes relacionados co libro: historia do libro, a imprenta, as partes do libro, as letras, deseño, ilustración, papeis…
 

Fixémoslle moitas preguntas



 
Os membros do Club agradécenlle a súa visita e recorda...... esperámoste o vindeiro curso!

21/04/15

Mostrámosvos os nosos cubosomas

O pasado 20 de abril rematamos a actividade do Cubosoma proposta pola nosa profesora de Tecnoloxía Ana Espinosa. Durante estas sesións, explicounos como crear un cubosoma, axudounos a facelo, a pintalo para mostrar a nosa creatividade e como non axudounos a montalo….temos moitas maneiras de facelo…é superdivertido!
Todos os membros do CluBiblioneme lle agradecen a Ana a súa dedicación e paciencia durante estes días que nos acompañou.
Moitas gracias Ana…..esperámoste pronto!



15/04/15

Excursión cos membros do CluBiblioneme

O martes, 14 de abril, os membros do Club de lectura, CluBiblioneme, fixeron unha saída á Cidade da Coruña.

Visitaron, en primeiro lugar, o Arquivo do Reino de Galicia, onde recibiron información sobre o traballo alí desenvolto, os fondos documentais conservados etc… Ademáis, puideron ter acceso a documentos relacionados con Carballo. Finalmente, pasaron a Sala de Restauración Documental, onde comprobaron como se restauran e recuperan documentos antigos.
A segunda visita centrouse na Biblioteca Pública Miguel González Garcés. Coñeceron os diferentes espazos do edificio e a bibliotecaria fixo unha presentación sobre a páxina Web e os recursos desta Biblioteca.
Pola tarde percorreron o casco antigo da cidade e visitaron a Real Academia Galega. Alí informáronse da historia desta institución, así como, a relación dos seus membros e o traballo que nela se realiza.
 
 O Arquivo do Reino de Galicia
 
Biblioteca Pública Miguel González Garcés
 
 
 
Real Academia Galega