Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

22/12/14

E por fin chegou o día

O pasado 19 de decembro, os alumnos do club de lectura representaron no Pazo da Cultura de Carballo ante os seus compañeiros o musical "Grease".

A representación foi un éxito rotundo, os asistentes non deixaron de aplaudir, cantar e bailar con esta excelente representación da famosa comedia musical.

Desde o club de lectura queremos felicitar os nosos alumnos do Clubiblioneme e o alumno Alex Torres de 2º de bacharelato  a súa actuación e agradecerlles o bo rato que nos fixeron pasar.


Aquí tedes o programa!

 

 

 

PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES!


 

 

17/12/14

Quedan 2 días.....

Aínda non sabedes con que vos van sorprender os nosos membros do CluBiblioneme...
Dámosvos outra
pista....




Para que necesitarán este coche?????

16/12/14

3ª reunión Grupo de adultos

O Grupo de adultos do CluBiblioneme despide este trimestre cunha reunión na que comentouse a obra El baile, de Irene Nemirovsky.
 


Na próxima cita do Grupo, que será o 19 de xaneiro ás 18.45 horas, falaremos sobre a última novela de G.G. Reigosa, A Vinganza do defunto.
 
 
 

15/12/14

Dereitos Humanos

O CluBiblioneme conmemorou o día dos Dereitos Humanos, analizando o álbum ilustrado “El autobús de Rosa”. Posteriormente, os membros do club debatiron sobre os logros acadados por Rosa na loita a favor dos Dereitos Civis dos cidadáns afroamericanos nos EEUU.

Así mesmo, a biblioteca informou sobre o catálago de fondos bibliográficos e cinematográficos que, sobre este tema, ofrecía.
 

12/12/14

Xa queda menos...

Como podedes comprobar nas seguintes fotos, os alumnos do club de lectura seguen preparándose e ensaiando para sorprendervos a todos o vindeiro venres 19 de decembro......xa queda menos.

E agora tócavos a vós, con que creedes que vos sorprenderán?