Animación á lectura

Animación á lectura

A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos qué ler, cando nin cómo.Doris Lessing

10/09/08

Cosmos, Carl Sagan


Carl Sagan

O COSMOS É TODO O QUE É O QUE FOI OU O QUE SERÁ ALGUNHA VEZ. As nosas contemplacións máis tibias do Cosmos conmóvennos: un calafrío recorre o noso espiñazo, a voz québrasenos, hai unha sensación débil, como un recordo ao lonxe, ou o caer desde o alto. Sabemos que nos estamos acercando ao maior dos misterios.
O tamaño e a idade do Cosmos superan a comprensión normal do home. O noso diminuto fogar planetario está perdido entre a inmensidade e a eternidade. Nunha perspectiva cósmica a maioría das preocupacións humanas parecen insignificantes, incluso frívolas. Sen embargo a nosa especie é nova, curiosa e valente, e promete moito. Nos últimos milenios fixemos os descubrimentos máis asombrosos e inesperados sobre o Cosmos e o lugar que ocupamos nel; seguir o fío destas exploracións é realmente estimulante. Recórdannos que os homes evolucionaron para admirarse das cousas, que comprender é unha alegría, que o coñecemento é requisito esencial para a supervivencia. Creo que o noso futuro depende do grao de comprensión que teñamos do Cosmos no que flotamos coma un lixo de po no ceo da mañá.
Estas exploracións esixiron á vez escepticismo e imaxinación. A imaxinación levaranos a miúdo a mundos que non existiron nunca. Pero sen ela non podemos chegar a ningunha parte. O escepticismo permítenos distinguir a fantasía da realidade, poñer a proba as nosas especulacións. A riqueza do Cosmos supérao todo: riqueza en feitos elegantes, en exquisitas interrelacións, na maquinaria sutil do asombro.

CIENCIAS PARA O MUNDO CONTEMPORÁNEO 1º BACHARELATO
1. O NOSO LUGAR NO UNIVERSO

Antonio García Losada